euskal encounter 16

Xullo 28th, 2008

meu deus !!!

xa pasou un ano dende a ultima anotacion, non escribia dende a euskal do ano pasado e a deste rematou onte

o ano pasado foi unha expedicion, pero o deste ano converteuse nunha aventura en toda regra (tardamos ¡¡¡ doce horas !!! en voltar dende bilbao ata a coruña)

en canto o evento, de maravilla pero non chegou o nivel do ano pasado, espero que as penurias da viaxe (de ida e de volta) non influisen neste tema, pero e a sensacion que teño

desta party quedome co afianzamento do dc team (pronto web dispoñible) e co bo ambiente que tivemos en xeral

espero escribir de novo antes da euskal 17 ;)

saudos e vemonos nas partys ^_^

euskal encounter 15

Xullo 20th, 2007

queridos lectores xa hai bastante tempo que non escribo nada neste meu humilde blog, pero a ocasion mereceo

estou xunto a Neo7, Redentor e CandyBlue na euskal encounter 15

parece incrible que mais de 4000 persoas se xunten para disfrutar desta afeccion, nos chegamos o dia 19, agora son case a 11:30 do dia 20: esta xuntanza acaba de comezar

seguiremos informando

09:F9:11:02:9D:74:E3:5B:D8:41:56:C5:63:56:88:C0

Maio 11th, 2007

09:F9:11:02:9D:74:E3:5B:D8:41:56:C5:63:56:88:C0

o que non sepa de que falo que busque en google

noites do micho

Abril 29th, 2007

novo encontro informatico a vista, as noites do micho

a importancia deste novo encontro reside en que formo parte do grupo de colaboradores que intentan que todo funcione de forma correcta

so recomendar que asistades, intentaremos que saia todo ben

arrancar un cd dende grub

Abril 20th, 2007

teño un equipo onde queria reinstalar debian, a instalacion actual estaba feita un cristo, pero como e algo antigo non arranca de cd e non lle teño disquetera

pois buscando e buscando chegei ata Boot CDROM through GRUB (en ingles) do cal se extrae unha forma facil de non complicarse para arrancar desde case calquera dispositivo que este soportado por Smart Boot Manager

en debian deberia funcionar instalando syslinux (apt-get install syslinux) ou de aqui e baixando unha imaxe do smart boot manager (da web oficial, aqui, aqui, …)

unha vez teñamos os dous arquivos que nos interesan editamos a configuracion do grub (/boot/grub/menu.lst) engadindo o final as seguintes liñas:

title sbm
root (hd0,0)
kernel memdisk.bin
initrd sbm.dsk

onde debemos substituir memdisk.bin e sbm.dsk polas rutas as imaxes correspondentes (de syslinux e smart boot manager, respectivamente)

cando reiniciemos aparecera a entrada sbm no grub, o seleccionala aparecera o smart boot manger en pantalla e a traves del poderemos seleccionar o cdrom para arrancar dende el

parece complicado pero e bastante sinxelo

saudos e ata a proxima

blog (casi) o 100%

Abril 16th, 2007

despois do cambio de drupal a wordpress e de que este todo funcionando o 99% podo empezar a escribir de novo

polo de agora pouca novidade

o máis recente do que podo escribir e a dudesconf unha reunion informal de ¿¿ desenvolvedores ?? e simpatizantes de debian organizada polo gpul

hay unhas semanas asistin a xuventude galiza net a que levamos o hub de dc para o que fixemos esta web

e o próximo sera a ‘lan party’ das noites do micho

migracion realizada con exito

Febreiro 25th, 2007

acabo de facer a migracion da base de datos, con bastante exito

dado que no drupal non usaba categorias, os usuarios eran 10 (e xa non creo que me recorden) e os comentarios se perderan durante unha mala actualizacion, so migrei os post

todo esto non seria posible sen o script de carlos garcia argos drupal2wp

moitisimas gracias !

hola de novo

Febreiro 23rd, 2007

volvo a blogosfera: con novo xestor (paso de drupal a wordpress), con ‘novo’ dominio e quizais novas ganas de escribir

polo momento intentarei importar todo o que tiña no anterior blog o tempo que me acostumo a fuchicar co wordpress

saudos e ata pronto

actualizacion do sistema

Maio 23rd, 2006

estes dias vou proceder a un actualizacion reparacion profunda do servidor, intentarei que se manteña en pe pero como nunca se sabe e as catastrofes na informatica estan a tiro de tecla …

no peor dos casos estarei caido por tempo indefinido ;)

¿qué foi daqueles tempos…?

Maio 21st, 2006

amigo alfredinho a reposta o que preguntas (¿qué foi daqueles tempos…?) e dificil, pero supoño que todos os teremos gardados nun lugar privilexiado

recordos de tardes de veran nas que iamos apañar ghrois (ou moras), campionatos de futbol no colexio (e mais tarde no polideportivo), casetas no medio do monte (e tamen preto da casa), en resumo demasiados para enumeralos todos

reconforta saber que pouco falta para vernos as caras (pouco mais dun mes), estaremos case todos e haber se durante o veran chegamos a estar todos

pola amizade e por todos os que disfrutamos crecendo nesa epoca

vemonos nos bares (mellor se e nos de corme) ;)